
Músico fundamentalmente autodidacta. Toca o baixo (6 e 7 cordas), contrabaixo, percusión e melódica. Ocasionalmente estudou con Pape Bordallo, Kin García, Paco Charlín, Juan Castro, Mário Barreiros, Victor Bailey, Oscar García Calvo ou Carlos Castro entre outros.
Músico de longísima e recoñecida traxectoria, tocou con Berrogüetto, Mercedes Peón, Oscar Ibáñez & Tribo, Maite Dono, Yosvany Palma, Aerolíneas Federales, Mónica De Nut Trío, Versatile, Kely García, Miñor Swing, El Cuarteto De La Casa, Paco Dicenta Jazz Qüartet, Carlos López & Last Minute Experience, 2US, Takadum ou Litanei entre outros moitos.
Gravou nos discos dalgúns dos grupos e solistas galegos máis representativos como “Isué”, “Ajrú” e “Sihá” de Mercedes Peón, “Viaxe por Urticaria” de Berrogüetto, “Zume De Terra” de Xosé M. Budiño, “SóSonSons” de 2US, “Músicas De Salitre” de Xabier Díaz, “Lúa Meiga” de Avalon Folk, “Canta Connosco” de Migallas, “Cantamos Para Poder Voar” de Saraibas, “Una O Ninguna” de Aerolíneas Federales ou “Cantigas De Nadal” con Maite Dono e Chouteira.
Compositor das bandas sonoras dos cortos de animación “El Sueño De Leonardo”, “La Danza The Shiva” e “The Alliance” e da banda sonora da curtametraxe de divulgación científica “Einstein & Gamow”. Produtor e técnico de gravación de SOS Trío no traballo “106 Underground Street”, Samuel Leví en “Turno de Noche” e Mónica De Nut Trío.
pacodicenta@oscaribanez.comhttp://www.myspace.com/pacodicenta