
Nado en Londres en 1972 no seo dunha familia de músicos profesionais, comeza a tocar o violín aos 7 años de idade. En 1991 remata os estudos de violín clásico e comeza a tocar música tradicional e folk. Despois de moitas viaxes e varios anos tocando na rúa en 1999 chega Galicia, onde establece a súa residencia, integrándose de tal xeito no ambiente musical do país, que aprendeu a tocar a gaita galega.
Dende a súa chegada a Galicia tocou principalmente con "Macfeck", con quen gravou cinco discos, "Uz", "Aran", "The Splinks", "Beladona" e colaborou en gravacións e máis en directo con Susana Seivane, "Crema de Gaita", "Irtio” e “3 Estralos”.
Realizou xiras e concertos por toda España, Brasil, Panamá, Holanda, Portugal, Alemaña e Inglaterra. Na actualidade, ademais de gravar un CD coa seu novo grupo "Güintervan", toca coas bandas "Avelaiña", “Briganthiya” e “Oscar Ibañez & Tribo”.
harryprice@oscaribanez.com