Rédea Solta gañador da XXXIX edición do Concurso Rexional de Gaitas de Ponteareas
O cuarteto de gaitas Rédea Solta formado por Pablo Devigo (gaita), Oscar Ibáñez (gaita), Lucía Martínez (redobrante) e Patricia Cela (bombo) proclamouse gañador da XXXIX edición do Concurso Rexional de Gaitas de Ponteareas celebrada durante os días 23 e 24 de setembro de 2006 e que foi adicada ao gaiteiro Delmiro Represas Pino (1947-1995) de Xinzo (Ponteareas). Á semifinal presentáronse 16 grupos procedentes de toda Galiza dos que 10 foron clasificados para a final que se celebrou o domingo pola mañá no auditorio Reveriano Soutullo, os grupos clasificados para a final foron: Rédea Solta (Poio), Alxibe (Ponteareas), Picuíña (Marín), Os Fonte Suairas (A Coruña), Albizara (Vigo), As Ferriñas (Vigo), Abelente (Ourense), Os Estrobos (Ferrol), Laghareu (Ribeira) e Anacos de Buxo (Nigrán).

Despois dunha longa deliberación o xurado formado por Xosé Romero, Xocas, Iván Costa, Manuel Alonso e Antonio Gutierrez decidíu outorgar os seguintes premios:
Primeiro Premio “Feliciano Barrera” dotado con 1.800 € ao grupo Rédea Solta de Poio – Pontevedra formado por Pablo Devigo, Oscar Ibáñez, Lucía Martínez e Patricia Cela.
Segundo Premio “Grupo de Empresas Regino Giraldez Boo” con 1.200 € ao grupo Anacos de Buxo de Nigrán – Pontevedra formado por Pedro Álvarez, Xurxo Fernández, Ramón Corral e Alex Covelo.
Terceiro Premio “Irmáns Rodríguez Sobral” por importe de 900 € ao grupo Laghareu de Sta. Uxía de Ribeira – A Coruña formado por Edelmiro Fernández, Pablo Dalama, Loli Fernández e Miguel Fraguas.
Cuarto premio “Concello de Ponteareas” cun premio de 600 € ao grupo Os Fonte Suairas de A Coruña formado por Miguel A. Vázquez, José A. Vázquez, Daniel Meléndez e Miguel Norjales.
Continuar leyendo...
Escrito por: Magicsoul el 25 septiembre, 15:24
Comentarios
Guarda este artículo en del.icio.us
Technorati tags:
Oscar Ibáñez acada o 3º Premio no VIII Concurso de Música Tradicional "Gaiteiro de Soutelo"
Continuar leyendo...
Escrito por: Magicsoul el 31 agosto, 09:50
Comentarios
Guarda este artículo en del.icio.us
Technorati tags: