O repertorio do Quinteto Monterrey de Rodolfo Posada (A Habana) na XXII Xuntanza Internacional de Gaiteiros
Oscar Ibáñez foi convidado a participar na XXII Xuntanza Internacional de Gaiteiros celebrada o 19 de maio no Castelo de Monterrey (Verín) e o 20 de maio en Vilanova de Conso co fin de facer unha reconstrución musical do repertorio do Quinteto Monterrey (A Habana) de Rodolfo Posada (Verín 1886 – A Habana 1955). O conxunto que acompañou a Oscar Ibáñez estivo formado por músicos como Miguel Dopazo (clarinete), Sandra Besada (saxo tenor), Luis Miguel Crespo (trompeta), Pablo Vázquez (caixa), Adrián Laxo (bombo) e Rocio García (bombo).

O repertorio do Quinteto Monterrey está hoxe recuperado grazas a unha investigación levada a cabo por Oscar Ibáñez na Habana (Cuba), onde coñeceu a Rodolfo Posada (fillo) de 91 quen conservaba as fotografías, partituras e os instrumentos do Quinteto Monterrey do seu pai. O proxecto para a recuperación e difusión deste traballo non remeta aquí, Oscar Ibáñez pretende editar un CD no que se gravará unha selección de pezas deste conxunto galego-cubano que amenizou as festas das colectividades galegas en Cuba na primeira metade do s. XX.
Comentarios
comentarios desactivados para este artículo
Escrito por: Magicsoul el 21 mayo, 15:30
Technorati tags: