Concerto en Vilanova I la Geltrú (Barcelona)
O vindeiro 5 de maio Oscar Ibáñez dará un concerto de gaita galega en Vilanova I la Geltrú (Barcelona) como artista convidado da FIRA SAC 2007: Trobada de grupos i sonadors de sac de gemels. No seu concerto fará un percorrido pola tradición gaitística de Pontevedra para o que empregará a gaita tombal de toque pechado de Xan de Campañó que data do s. XIX, unha gaita en Do# de dixitación semipechada coa que interpretará repertorio de Ricardo Portela e unha gaita moderna en Do de dixitación aberta coa que amosará as posibilidades actuais do instrumento e as composicións para gaita galega máis vangardistas.

Comentarios
comentarios desactivados para este artículo
Escrito por: Magicsoul el 26 abril, 08:35
Technorati tags: