A gaita de Perfecto Feijóo volve a soar despois de 100 anos

O programa Alalá da TVG do martes 6 de marzo de 2007 estivo adicado á empresa Ouvirmos, primeira editora especializada en documentación musical galega que foi creada para recuperar, dignificar e divulgar o importante patrimonio músico-cultural que nos conforma como comunidade.

Oscar Ibañez con la Gaita Feijoo
Foto: Rafa Fariña. Presentación
do primeiro disco galego, Teatro Principal 17/02/04.

O programa amosa a súa forma de traballar, as súas investigacións e os seus productos. Un dos traballos máis importantes da colección A Tiracolo de Ouvirmos é o Libro-CD Aires d’a Terra-1904, o primeiro disco galego. Dada a importacia da reedición das gravacións históricas do coro pontevedrés para a nosa historia musical, o programa fai fincapé neste traballo e no seu principal personaxe, D. Perfecto Feijóo Poncet. Despois de 100 anos a gaita coa que Feijóo gravou acompañado do seu coro para Compagnie Française du Gramophone volveu a soar nas mans do gaiteiro Oscar Ibáñez para tod@s @s galeg@s a través do programa Alalá da TVG.
iconoEscrito por: Oscar Ibáñez el 7 marzo, 09:15
del.icio.usGuarda este artículo en del.icio.us
tags Technorati tags:



Comentarios


comentarios desactivados para este artículo