Oscar Ibáñez músico convidado na gravación do disco do grupo A Curuxa (Buenos Aires)

O grupo de música tradicional galega A Curuxa (Buenos Aires) acaba de editar o seu primeiro traballo musical titulado De ruada en Bos Aires co selo discográfico galego Ed. do Cumio. No CD, este o conxunto musical formado por emigrantes galegos e descendentes destes que seguen a vivir na “quinta provincia”, fai un percorrido polo patrimonio musical galego dos últimos 100 anos na Arxentina.

O director artístico do grupo Walter Almirón aproveitou a estancia de Oscar Ibáñez a Buenos Aires en 2004 para convidado a gravar con A Curuxa a muiñeira Baila rapaza (Sixto e Hernández), este tema, que foi gravado polo Conxunto Sixto en Arxentina nos anos 30 con gaita, clarinete, caixa e bombo, é unha das xoias da música galega na emigración xa que formou parte do repertorio de todos os conxuntos musicais galegos da Arxentina manténdose viva até a actualidade.

Para mercar:

http://www.cumio.com/galega.htm

iconoEscrito por: Magicsoul el 16 octubre, 09:44
del.icio.usGuarda este artículo en del.icio.us
tags Technorati tags:



Comentarios


comentarios desactivados para este artículo